Abr 30 2008
Sobre edición de texto en blogaliza.
Como sabedes blogaliza está soportada baixo Wordpress Mu emporiso o sistema de edición de texto é o de Wordpress, e hai bastantes tutoriais en internet sobre o tema, no obstante vou dicir unhas breves anotacións para a xente que ven de blogger ou doutros sistemas o simplemente para aqueles que acaban de chegar e aínda lles sona a chino isto dos blogues; máis que nada para termos unificados varias cuestións sobre o sistema de Blogaliza.
O primeiro é cómo chego ate o editor, iso échevos ben sinxelo, imos a administrar (http://oteunome.blogaliza.org/wp-admin na barra de direccións) logo a «Escribir» e logo a «Escribir anotación».
O seguinte paso é elixir o modo de edición, con contido gráfico (visual) ou sen él (code) aínda que os pareza raro eu aconsellaría escribir os post primeiro no sistema Code e logo para formatealo pasades ó sistema visual, máis que nada porque é máis sinxelo pra algunhas cousas e porque mancha menos o código da páxina. Algúns consellos, para poñer enlaces (selecionades o texto a enlazar, pulsades «link» e os aparece un pequeno cadro de edición no que poñedes o enlace) tamén podedes incorporar citas (selecionando o texto a citar e pulsando en «b-quote») ou podedes poñer código html (seleccionandoo e pulsando en «Code») para código javascript non vale tes que modificalo primeiro a formato Escape (aquí pegas o código e pulsas en parse) o resto das cousas penso que has podedes facer no modo visual (tamén poñer enlaces que se fai seleccionando o texto e premendo na pequena cadea) no obstante o botón «b» serve para poñer o texto en negrita o botón «i» para poñela en cursiva e o «img» para poñer direccións url de imaxes, penso que o resto non é imprescindible, así que rematado o texto pasades a formato visual (é un solo click) e o formateades é dicir xustificades o texto polas dous bandas (se queredes claro) para iso basta con pulsar o botón de «opcions avanzadas» (ten unha chea de cadrados de cores) e logo no clásico botón de xustifcar (é o mesmo que no word) se queres engadir algunha imaxe tes que pulsar no botón que ten unha árbore (no formato Code é «img») e aparecerá un cadrado de edición onde pos a dirección url da fotografía (para obtela terías que pulsar na fotografía co botón dereito do ratón e darlle a «copiar la ruta de la imagen» ou simplemente pulsar na imaxe co botón esquerdo ata que apareza soamente a imaxe) logo podes definir o alto e ancho da mesma (eu penso que entre 200px de alto e 200px de ancho tes un cadrado adecuado para un post, se non é cadrado terás que calcular máis ou menos) tamén podes indicar a posición da imaxe, e as marxes horizontais ou verticáis.
Se queres engadir a opción de resumir texto mostrando só o principio do mismo no blog e cunh enlace tipo «leer máis» ides co cursor ata o lugar que queredes que apareca visible no blog e pulsades no botón que está ó lado da árbore, (que por certo é o botón «more» no modo de edición code) e aparecerá o seguinte Continue Reading »
