abr 28 2008

Engadir feevy a blogaliza.org

Published by marexada at 10:27 pm under Sen clasificar, blog, feed, recursos, tutorial

feevy imageFeevy é un servizo da sociedade das indias electrónicas que permite ter un blogroll dinámico no teu blogue, isto é, o conxunto de enlaces dos blogues que elixas cunha pequena previsualización do contido do ultimo artígo que neles se teñan publicado.
Evidentemente o primeiro que tedes que ter é unha conta en feevy iso é sinxelo, logo tedes que engadir a dirección dos blogs que desexes, a mesma dirección do blog, non a dirección rss. Elixes o avatar ou subes unha fotografía. É interesante que poñades unha ou varias palabras separadas por comas como tags ou categorías (logo daslle a validate), iso permitirá engadir o teu blogroll en distintos blogues sen ter que crear distintas contas en feevy. Agora tedes que escoller a apariencia do teu feevy, podes escoller ou a versión en negro (classic dark), ou a versión en blanco (white), despóis hai unha versión líquida (liquid) que adáptase ó diseño do teu blog e unha versión aberta que permite editar o seu aspecto gracias ó css. Logo disto copias o código que che aparece; algo semellante a isto: <script type='text/javascript' src='http://www.feevy.com/code/xxxx/white'></script> este código tes que pegalo logo no teu bloge, pero veremos onde.

Para engadir este servicio a blogaliza.org hai que ir a vandexa de administración, pulsar na pestaña de "Engadidos" e activar o plugin de Pedro Silva chamado Widgetize Gadgets, con isto aparece un widget na pestaña de "presentación" / "widgets" (se queredes máis widgetize Gadgets ides a "opcións" / "Widgetize Gadgets" e podes o número que dexesedes e logo en "cambiar opcións") Colocades o "Widgetize Gadgets" na columna que desexedes e logo pulsades no cuadrado da dereita para configuralo e aparecerá un cuadrado de edición, poñedes un título, enlaces ou o que sexa, e logo pegades o código javascript que antes copiamos, pero atención, se non facedes nada máis, aparecerán tódolos enlaces que teñades no feevy; se queredes que soamente aparezan uns poucos os que teñades co tag: blogoteca, poño por caso teredes que engadir a este código tag/blogoteca/ (ou o que sexa) é dicir que quede algo como así <script type='text/javascript' src='http://www.feevy.com/code/xxxx/tag/blogoteca/white'></script> pero nono poñades entre code e o número que aparece; logo pechades o cuadro de edición e ides a "gardar cambios" agora só os queda que a columna que elexichedes sexa o suficientemente ancha, se non os da, ou mudades de plantilla ou poñedes a versión liquida de feevy.
Agardo que sirva de axuda.

Chuzame! chúzame -

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply