Abr 30 2008

Sobre edición de texto en blogaliza.

imagen textoComo sabedes blogaliza está soportada baixo Wordpress Mu emporiso o sistema de edición de texto é o de Wordpress, e hai bastantes tutoriais en internet sobre o tema, no obstante vou dicir unhas breves anotacións para a xente que ven de blogger ou doutros sistemas o simplemente para aqueles que acaban de chegar e aínda lles sona a chino isto dos blogues; máis que nada para termos unificados varias cuestións sobre o sistema de Blogaliza.
O primeiro é cómo chego ate o editor, iso échevos ben sinxelo, imos a administrar (http://oteunome.blogaliza.org/wp-admin na barra de direccións) logo a "Escribir" e logo a "Escribir anotación".
O seguinte paso é elixir o modo de edición, con contido gráfico (visual) ou sen él (code) aínda que os pareza raro eu aconsellaría escribir os post primeiro no sistema Code e logo para formatealo pasades ó sistema visual, máis que nada porque é máis sinxelo pra algunhas cousas e porque mancha menos o código da páxina. Algúns consellos, para poñer enlaces (selecionades o texto a enlazar, pulsades "link" e os aparece un pequeno cadro de edición no que poñedes o enlace) tamén podedes incorporar citas (selecionando o texto a citar e pulsando en "b-quote") ou podedes poñer código html (seleccionandoo e pulsando en "Code") para código javascript non vale tes que modificalo primeiro a formato Escape (aquí pegas o código e pulsas en parse) o resto das cousas penso que has podedes facer no modo visual (tamén poñer enlaces que se fai seleccionando o texto e premendo na pequena cadea) no obstante o botón "b" serve para poñer o texto en negrita o botón "i" para poñela en cursiva e o "img" para poñer direccións url de imaxes, penso que o resto non é imprescindible, así que rematado o texto pasades a formato visual (é un solo click) e o formateades é dicir xustificades o texto polas dous bandas (se queredes claro) para iso basta con pulsar o botón de "opcions avanzadas" (ten unha chea de cadrados de cores) e logo no clásico botón de xustifcar (é o mesmo que no word) se queres engadir algunha imaxe tes que pulsar no botón que ten unha árbore (no formato Code é "img") e aparecerá un cadrado de edición onde pos a dirección url da fotografía (para obtela terías que pulsar na fotografía co botón dereito do ratón e darlle a "copiar la ruta de la imagen" ou simplemente pulsar na imaxe co botón esquerdo ata que apareza soamente a imaxe) logo podes definir o alto e ancho da mesma (eu penso que entre 200px de alto e 200px de ancho tes un cadrado adecuado para un post, se non é cadrado terás que calcular máis ou menos) tamén podes indicar a posición da imaxe, e as marxes horizontais ou verticáis.

Se queres engadir a opción de resumir texto mostrando só o principio do mismo no blog e cunh enlace tipo "leer máis" ides co cursor ata o lugar que queredes que apareca visible no blog e pulsades no botón que está ó lado da árbore, (que por certo é o botón "more" no modo de edición code) e aparecerá o seguinte Continue Reading »

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Abr 28 2008

Engadir feevy a blogaliza.org

feevy imageFeevy é un servizo da sociedade das indias electrónicas que permite ter un blogroll dinámico no teu blogue, isto é, o conxunto de enlaces dos blogues que elixas cunha pequena previsualización do contido do ultimo artígo que neles se teñan publicado.
Evidentemente o primeiro que tedes que ter é unha conta en feevy iso é sinxelo, logo tedes que engadir a dirección dos blogs que desexes, a mesma dirección do blog, non a dirección rss. Elixes o avatar ou subes unha fotografía. É interesante que poñades unha ou varias palabras separadas por comas como tags ou categorías (logo daslle a validate), iso permitirá engadir o teu blogroll en distintos blogues sen ter que crear distintas contas en feevy. Agora tedes que escoller a apariencia do teu feevy, podes escoller ou a versión en negro (classic dark), ou a versión en blanco (white), despóis hai unha versión líquida (liquid) que adáptase ó diseño do teu blog e unha versión aberta que permite editar o seu aspecto gracias ó css. Logo disto copias o código que che aparece; algo semellante a isto: <script type='text/javascript' src='http://www.feevy.com/code/xxxx/white'></script> este código tes que pegalo logo no teu bloge, pero veremos onde.

Para engadir este servicio a blogaliza.org hai que ir a vandexa de administración, pulsar na pestaña de "Engadidos" e activar o plugin de Pedro Silva chamado Widgetize Gadgets, con isto aparece un widget na pestaña de "presentación" / "widgets" (se queredes máis widgetize Gadgets ides a "opcións" / "Widgetize Gadgets" e podes o número que dexesedes e logo en "cambiar opcións") Colocades o "Widgetize Gadgets" na columna que desexedes e logo pulsades no cuadrado da dereita para configuralo e aparecerá un cuadrado de edición, poñedes un título, enlaces ou o que sexa, e logo pegades o código javascript que antes copiamos, pero atención, se non facedes nada máis, aparecerán tódolos enlaces que teñades no feevy; se queredes que soamente aparezan uns poucos os que teñades co tag: blogoteca, poño por caso teredes que engadir a este código tag/blogoteca/ (ou o que sexa) é dicir que quede algo como así <script type='text/javascript' src='http://www.feevy.com/code/xxxx/tag/blogoteca/white'></script> pero nono poñades entre code e o número que aparece; logo pechades o cuadro de edición e ides a "gardar cambios" agora só os queda que a columna que elexichedes sexa o suficientemente ancha, se non os da, ou mudades de plantilla ou poñedes a versión liquida de feevy.
Agardo que sirva de axuda.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Abr 25 2008

Probando

Published by marexada under Sen clasificar

A verdade é que tiña interese en coñecer un pouco wordpress e paréceme bastante axeitado isto de blogaliza.org, o certo é que este é un paso previo para facerme un wordpress propio no meu aloxamiento, pero antes diso hai que coñecer un pouco o sistema.

Chuzame! chuzame -

No responses yet